¡¡BENVIDOS A ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL VILALAURA!!

Queremos que no vindeiro curso escolar 2016/2017 formedes parte da nosa A.N.P.A MAGNOLIA por medio da cal todos os nosos rapaces se poden beneficiar de todos os servizos que ofrecemos, para o cal é necesario facerse socio da mesma e pagar a cota de 22,00€ por unidade familiar. Todos os papeis entregaranse a comezos de curso. Namentres gustaríanos que lle botásedes unha ollada a nosa web: www.anpavilalaura.org. Deste xeito poderedes ver todos os servizos e actividades que ofrecemos, que en Setembro xa estará actualizada para o novo curso. Para calqueira dúbida podedes contactar connosco a través do noso e-mail: anpavilalaura@anpavilalaura.org, ou a través dos nosos números de teléfono: 986420858 -616008784.

 

A ANPA organiza as Actividades Extraescolares e Actividades de Exterior, o Servizo de Gardería Matinal e de Mediodía, ten un Servizo de Coidadora para as Actividades Extraescolares e para os nenos que van directamente do Comedor ás mesmas, organiza o Campamento de Nadal, o Campamento de Entroido e o Campamento de Verán. Todos estos Servizos comezan a partires do mes de Outubro.

 

Ademáis organizamos xunto coa Escola as Festas que teñen lugar durante o curso escolar: o Magosto, a Festa de Nadal, a Chocolatada de Entroido, os Decorados, Organización e Presentación de Festival de Fin de Curso no Teatro Salesianos e a Festa do Patio. Para poder facer posible todo isto contamos con pais voluntarios que nos botan unha man, senón isto non sería posible, estos pais voluntarios anótanse nun listado que se pasa cando se celebra a Asamblea Xeral Ordinaria para todos os socios da A.N.P.A. que terá lugar en Outubro.

 

ESPERAMOS CONTAR CONVOSCO E QUE DISFRUTEDES DO BEN QUE SE PASA VENDO GOZAR OS NOSOS NENOS

A seguir atoparás as datas importantes a ter en conta, para que non te esquezas de nada

Se está procediendo a cargar los datos...

Contacto:

A.N.P.A. MAGNOLIA

Avda. Hispanidade, 86

36203 Vigo

Tlf.: 986 42 08 58

Móvil: 616 008 784

www.anpavilalaura.org

anpavilalaura@anpavilalaura.org

¿Queres facerte soci@?

Só tes que presentar a correspondente folla de inscrición e aboar a cota.

¿Queres participar nas nosas actividades?

Soamente tes que facerte soci@ da A.N.P.A.

O noso horario:

DO 13 AO 30 DE SETEMBRO DE 2016:

Luns-Venres de 09:00-09:30h

DE OUTUBRO 2016 ATA FIN DE CURSO:

Luns de 09:00 a 09:30h

Martes de 16:00 a 17:00h

Venres de 09:00 a 09:30h