Horta-Escola

Este ano, o noso xardín se convertirá nunha horta-escola. Nela aprenderemos, non só a cultivar os nosos propios alimentos, senón tamén a gozar do contacto coa terra e poder así percibir as pequenas marabillas que esconde a natureza.

 

Desexamos que vos guste moito, tanto coma todo o agarimo co que iniciamos este Proxecto.

 

Para que todo isto sexa posible precisamos da colaboración e axuda tanto de pais, nais, av@s, ti@s… e todos os que queirades aprender ou ensinarnos maneiras de cómo se cultiva unha horta. Crearemos un voluntariado especial para este labor e deste xeito ter o terreo sempre a punto para cando lles toque os nosos nen@s, o sembrado e a recolección.

En Outubro  de 2015 comezamos co proxecto da Horta cos rapaces de 6º nivel. Seguindo as normas do cultivo ecolóxico e tendo en conta as fases da lúa, un grupo prantou prantas de raiz (cenoria, rabaniño e allo), outro prantas de folla (espinaca, acelga e nabicol), outro plantas de legume (fabas e ervellas) e outro abono verde (lentellas).

 

Aprenderon as distintas partes nas que se divide, como usar as ferramentas, como moverse polo terreo, as diferenzas entre as distintas sementes e a maneira do rego. Ollaron como medraban as súas prantas, fixeron fertilizantes naturais e compostaxe, aprenderon a distinguir as malas herbas dos cultivos... e finalmente recolleron os froitos do seu traballo.

Graciñas os pais voluntarios por axudarnos a que este proxecto sexa unha realidade...

Mirade cómo traballan os nosos rapaciños de 6º nivel prantando e traballando na horta-escola...

Contacto:

A.N.P.A. MAGNOLIA

Avda. Hispanidade, 86

36203 Vigo

Tlf.: 986 42 08 58

Móvil: 616 008 784

www.anpavilalaura.org

anpavilalaura@anpavilalaura.org

¿Queres facerte soci@?

Só tes que presentar a correspondente folla de inscrición e aboar a cota.

¿Queres participar nas nosas actividades?

Soamente tes que facerte soci@ da A.N.P.A.

O noso horario:

DO MARTES 12 AO VENRES 29 DE SETEMBRO DE 2017:

Luns-Venres de 09:00-09:30h

DE OUTUBRO 2017 ATA FIN DE CURSO:

Luns de 09:00 a 09:30h

Mércores de 16:00 a 17:00h

Venres de 09:00 a 09:30h