NOTA IMPORTANTE: a cota da piscina neste cuadrimestre é de 31€
RENOVACIÓNS para ALUMNOS CON PRAZA NO 1ºcuadrimestre
do 12 ao 15 de xaneiro, para a renovación dos usuarios do cuadrimestre anterior.
Cubrir o documento de renovación que está a continuación, realiza-lo pago e entregar ambos no noso local, deixalos nalgún dos nosos buzóns ou enviárnolos por mail ata o día 17 (inclusive).
A renovación implica continuar a actividade no mesmo día e hora que no primeiro cuadrimestre.
Non renovar nos prazos sinalados significa perder a praza, que se porá a disposición dos novos alumnos.
NOVAS INSCRICIÓNS
do 18 ao 22 de xaneiro, para nen@s que non estaban apuntados previamente e para alumnos que tiñan praza no 1º cuadrimestre pero desexan cambiar de horario.
A inscrición será por estricta orde de chegada. Farase da seguinte maneira:
1º Para saber se quedan prazas no horario que queredes, antes de realiza-lo pago debedes chamar ao 616 008 784 (preferiblemente de 10 a 12 da mañá) ou enviar un email a anpamagnoliavilalaura@gmail.com.
2º Facerse socio da A.N.P.A.(en caso de non selo).
3º Cubrir o formulario de inscrición que está a continuación e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.
4º Entregar até o día 22 de xaneiro (inclusive):
- a folla inscrición ANPA natación 2º cuad, a folla de inscrición IMD e a declaración responsable de autoevaluación covid-19 que tedes a continuación xunto cos xustificantes dos pagos
- a documentación de alta de socio (se ainda non erades socios).
Temos que esperar a que acabe o prazo de renovacións para saber as prazas que quedan finalmente libres, pero os horarios que temos asignados son:
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
16:00h |
|
|
16:00h |
16:45h |
16:45h |
16:45h |
16:45h |
16:45h |
INFORMACIÓN IMPORTANTE sobre os cursos de piscina:
No seguinte documento podedes consultar as normas internas da piscina:
12.01.2021
AMPLIADO PRAZO INSCRICIÓN PISCINA
AMPLIADO ATA O VENRES 9 DE OUTUBRO
Lembrade que para anotarse é preciso ser soci@ e antes de realizar o pago debedes chamar por teléfono ao 616 008 784 ou enviar un mail a anpamagnoliavilalaura@gmail.com para saber en que horarios quedan prazas, algúns xa están completos.
Agora mesmo temos sitio nos seguintes:
- luns 16:45h
- martes 16:00h e 16:45h
- mércores 16:45h
- xoves 16:45h
Podedes consultar tódalas novas en https://www.anpavilalaura.org/ ou podedes unirvos á nosa canle de telegram para estar ao día de tódalas novidades: https://t.me/anpavilalaura
Un saúdo e ánimo!
INFORMACIÓN IMPORTANTE sobre os cursos de piscina:
No seguinte documento podedes consultar as normas internas da piscina:
02.10.2020
IMPORTANTE: Para beneficiarse desta actividade é imprescindible facerse socio da ANPA.
Para a natación teredes que facer o pago cuadrimestral no número de conta que está a seguir, ademais de presentar o xustificante deste ingreso xunto coa folla de inscrición correspondente na ANPA. O pago do segundo cuadrimestre para os nenos que queiran seguir e se a situación o permite, farase en xaneiro; xa o indicaremos no taboleiro de anuncios e na web.
Cota Piscina: 31,20€
Número de conta: ES59 2100 5912 4302 0016 3657 (La Caixa)
Titular da conta: A.N.P.A MAGNOLIA DA E.E.I. VILALAURA
Concepto: COTA NATACIÓN 1º cuadrimestre + NOME NENO
A FOLLA DE INSCRICIÓN EN NATACIÓN ESTARÁ DISPOÑIBLE NA A.N.P.A E NA WEB.
A partir do mes de outubro, hai cursiños de natación dun só día á semana na Piscina Municipal das Travesas, nos seguintes horarios:
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
16:00h |
|
|
16:00h |
16:45h |
16:45h |
16:45h |
16:45h |
|
Esta actividade é cuadrimestral e, ten un custo de 31 €/cuadrimestre.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
- ANTIGOS ALUMNOS/-AS: do día 30 setembro ao 2 de outubro, para a renovación dos usuarios do curso anterior (no mesmo día e hora, noutro caso farase nos días reservados para novas prazas).
Farase da seguinte maneira:
1º Facerse socio da A.N.P.A. e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.
3º Entregar o papel de alta de socio, a folla inscrición natación e a declaración responsable de autoevaluación covid-19 que tedes a continuación xunto cos xustificantes dos pagos até o día 2 de outubro (inclusive).
Nota importante: non se reservarán horarios nin se manterán as prazas se non se cumprimenta a documentación tal e como se explica máis arriba.
- NOVAS PRAZAS: do día 5 ao 7 de outubro, para a inscrición de novos usuarios por estricta orde de chegada (cada día atenderemos as chamadas en horario de 10 a 12 e o mail cando poidamos ao longo do día). Farase da seguinte maneira:
1º Para saber se quedan prazas no horario que queredes, antes de realizar o pago debedes chamar por teléfono ao 616 008 784 (de 10 a 12 da mañá) ou enviar un mail a anpamagnoliavilalaura@gmail.com.
2º Facerse socio da A.N.P.A. e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.
3º Entregar o papel de alta de socio, a folla inscrición ANPA natación, a folla de inscrición IMD e a declaración responsable de autoevaluación covid-19 que tedes a continuación xunto cos xustificantes dos pagos até o día 7 de outubro (inclusive).
A continuación deixamos tamén o protocolo covid para cursos de natacion e o protocolo para caso sospeitoso covid-19:
Como as prazas ofertadas polo IMD son moi limitadas, o A.N.P.A. ten un acordo co XIMNASIO TRABAZOS (Rúa Romil, nº79, detrás do Fleming), polo que os socios da A.N.P.A. obterán un desconto familiar (solicitar Certificado de ser socio da ANPA).
Para calquera dúbida podedes enviar un email a anpamagnoliavilalaura@gmail.com.