NATACIÓN - 2º cuadrimestre

 

RENOVACIÓNS para ALUMNOS CON PRAZA NO 1ºcuadrimestre

 

do 8 ao 16 de xaneiro, para a renovación dos usuarios do cuadrimestre anterior.

Cubrir o documento de renovación que está a continuación, realiza-lo pago e entregar ambos no noso local, deixalos nalgún dos nosos buzóns ou enviárnolos por mail ata o día 16 (inclusive).

A renovación implica continuar a actividade no mesmo día e hora que no primeiro cuadrimestre.

Non renovar nos prazos sinalados significa perder a praza, que se porá a disposición dos novos alumnos.

FOLLA RENOVACIÓN NATACIÓN 2º.cuad.pdf
Documento Adobe Acrobat [737.9 KB]

 

NOVAS INSCRICIÓNS

 

do 17 ao 23 de xaneiro, para nen@s que non estaban apuntados previamente e para alumnos que tiñan praza no 1º cuadrimestre pero desexan cambiar de horario.

A inscrición será por estricta orde de chegada. Farase da seguinte maneira:

    1º Facerse socio da A.N.P.A.(en caso de non selo).

  2º  Apuntarse na ANPA ó cursiño elixido e, posteriormente, facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación (30,20€).  

   3º Cubrir o formulario de inscrición que está a continuación e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.

     4º Entregar os formularios e o xustificante de pago ata o día 23 (inclusive).

 

Na seguinte táboa podedes ver as prazas libres, pero se estades interesados noutro horario que non aparece como dispoñible, poñédevos en contacto con nós para valora-la dispoñibilidade coa responsable da piscina do carme.

FOLLA INSCRICIÓN NATACIÓN 2º.cuad.pdf
Documento Adobe Acrobat [737.4 KB]

08-01-2019

NATACIÓN - 1º cuadrimestre

IMPORTANTE: Para beneficiarse das actividades organizadas pola ANPA é imprescindible facerse socio da mesma. A diferenza do resto de actividades, nas que o pago o indica o monitor correspondente, para a natación teredes que facer o pago cuadrimestral no número de conta que está a seguir, ademais de presentar o xustificante deste ingreso xunto coa folla de inscrición correspondente na ANPA e pasar pola ANPA a cubrir unha documentación que nos manda o I.M.D. O pago do segundo cuadrimestre para os nenos que queiran seguir, farase en xaneiro; xa o indicaremos no taboleiro de anuncios e na web.

 

Cota Piscina:              30,20€

Número de conta:   ES04 2080 0568 5930 4000 0603 (ABANCA)

Titular da conta:       A.N.P.A MAGNOLIA DA E.E.I. VILALAURA

Concepto:                  COTA NATACIÓN 1º cuadrimestre +  NOME NENO

 

A FOLLA DE INSCRICIÓN EN NATACIÓN ESTARÁ DISPOÑIBLE  NA A.N.P.A E NA WEB.

 

 

A partir do mes de outubro, hai cursiños de natación dun só día á semana na Piscina Municipal das Travesas, nos seguintes horarios:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

16:00h

 

 

16:00h

16:45h

16:45h

16:45h

16:45h

 

 

 

Esta actividade é cuadrimestral e, ten un custo de 30,20€/cuadrimestre. Para a inscrición na mesma, debe consultarse a información nas portas do colexio, no noso taboleiro de anuncios e na web, a partir do día 10 de setembro. A inscrición é por estricto orde de chegada, SEGUNDO O SEGUINTE:

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

 

- ANTIGOS ALUMNOS/-AS: do día 13-18 setembro, para a renovación dos usuarios do curso anterior. Farase da seguinte maneira:

1º Apuntarse na ANPA.

2º Facerse socio da A.N.P.A. e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.

3º Entregar os xustificantes dos pagos até o día 18 (inclusive).

Nota importante: non se reservarán horarios nin se manterán as prazas se non se pasa pola A.N.P.A. e se cumprimenta a documentación tal e como se explica máis arriba.

 

- NOVAS PRAZAS: do día 19-21 de setembro, para a inscrición de novos usuarios por estricta orde de chegada. Farase da seguinte maneira:

1º Apuntarse na ANPA.

2º Facerse socio da A.N.P.A. e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.

3º Entregar os xustificantes dos pagos até o día 21 (inclusive).

 

Como estas prazas son moi limitadas, a A.N.P.A. ten un acordo co XIMNASIO TRABAZOS (Rúa Romil, nº79, detrás do Fleming), polo que os socios da A.N.P.A. obterán un desconto familiar (solicitar Certificado de ser socio da ANPA).

FOLLA INSCRICION NATACION 1º CUADRIMESTRE
FOLLA INSCRICION NATACION 1º cuad.pdf
Documento Adobe Acrobat [805.7 KB]

Contacto:

A.N.P.A. MAGNOLIA

Avda. Hispanidade, 86

36203 Vigo

Tlf.: 986 42 08 58

Móvil: 616 008 784

www.anpavilalaura.org

anpamagnoliavilalaura@gmail.com

Únete ao noso canal de Telegram

¿Queres facerte soci@?

Só tes que presentar a correspondente folla de inscrición e aboar a cota.

¿Queres participar nas nosas actividades?

Soamente tes que facerte soci@ da A.N.P.A.

O noso horario:

DO MÉRCORES 11 AO LUNS 30 DE SETEMBRO DE 2019:

Luns-Venres de 09:00-09:30h

 

DE OUTUBRO 2019 ATA FIN DE CURSO:

Luns de 09:00 a 09:30h

Mércores de 16:00 a 17:00h

Venres de 09:00 a 09:30h