QUEIXAS / SUXESTIÓNS

 

O ANPA Magnolia da EEI Vilalaura pon á disposición de pais/nais/tutores legais d@s alumn@s do centro, un formulario de queixas/suxestións, que poden ir dirixidas tanto ao ANPA como á dirección do centro.

Dito documento virá identificado cos datos de nome, apelidos e DNI de pai/nai/tutor/a legal que leva a cabo a queixa/ suxestión, así como a descrición da mesma.

 

No caso das queixas:

  • recoméndase que na descrición non se mencione o nome das persoas implicadas, senón que se limite a describir os feitos, co maior detalle posible. Á súa vez, recoméndase que non se vertan opinións persoais, so datos.
  • poden ir seguidas dunha suxestión para poder aportar unha posible solución ao exposto.

 

No caso das suxestións:

  • terase en conta que as mesmas sexan pertinentes e realistas e redunden no beneficio da maior cantidade de alumnos posible. As suxestións acerca de particularidades deberían ser tratadas por outra vía.

 

Tanto as queixas como as suxestións remitidas ao ANPA serán tratadas nas reunións mensuais da directiva do ANPA, aparecendo na orde do día e constando en acta. O manexo das mesmas decidirase en ditas reunións. As que sexan consideradas pertinentes serán presentadas ante a Dirección do centro ou no Consello Escolar.

 

Calquera pai/nai/tutor/a legal que presente unha queixa/suxestión, poderá sabe-lo estado da mesma poñéndose en contacto co ANPA, que lle informará de como se está a xestionar dita queixa/suxestión.

 

As queixas/suxestións poden ser entregadas presencialmente no noso local ou depositadas en calquera dos nosos buzóns.

 

Formulario queixas_suxestións.pdf
Documento Adobe Acrobat [233.5 KB]