¡¡BENVIDOS Á ESCOLA DE
EDUCACIÓN INFANTIL VILALAURA!!
Queremos que neste curso escolar 2020/2021 formedes parte da nosa A.N.P.A MAGNOLIA, sabemos que vai ser un ano atípico para todos e todas, pero afrontámolo con ilusión e moitas ganas de colaborar para ofrecer aos nosos nenos e nenas todo o que estea na nosa man para que sexan felices nesta "nova normalidade".
Ata o de agora a ANPA organizaba:
Ademais organizabamos xunto coa Escola as Festas que tiñan lugar durante o curso escolar:
Sabemos que polo momento non imos poder realizar ningunha destas actividades.
Pero este ano máis ca nunca precisamos que vos fagades socios, nós estaremos funcionando como anpa para intentar darlle o mellor aos nosos peques.
Precisamos tamén de novos vogais que traballen cóbado con cóbado na xunta directiva da A.N.P.A., lembrade que cada ano vanse os membros con fillos que pasan a primaria.
O proxecto da Horta escolar tamén é unha actividade co-organizada coa Escola na que os pais voluntarios son indispensables.
Namentres gustaríanos que lle botásedes unha ollada á nosa web: www.anpavilalaura.org.
¡¡ESPERAMOS CONTAR CONVOSCO E QUE DESFRUTEDES DO BEN QUE SE PASA VENDO GOZAR OS NOSOS NENOS!!